Facebook

o libro

 

O que non se di é coma se non existise, dixéralle o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro.  Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falara.

Son Álex, un mozo transexual.. Abro este vLog  para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso  fago este vídeo  porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son.

Antes de que lle dera tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vintedous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede.

22 segundos relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero no coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que buscar visibilizar, desde a empatía, un colectivo historicamente silenciado e denigrado que loita porque as leis –e a sociedade- deixen de consideralos enfermos e enfermas.